A Xunta traslada a súa solidariedade ás persoas galegas residentes en Ceuta e destaca o labor de apoio do Centro Gallego nesta cidade

A Xunta traslada a súa solidariedade ás persoas galegas residentes en Ceuta e destaca o labor de apoio do Centro Gallego nesta cidade.
A Xunta traslada a súa solidariedade ás persoas galegas residentes en Ceuta e destaca o labor de apoio do Centro Gallego nesta cidade.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2026.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta semana coa presidenta do Centro Gallego de Ceuta, María Mercedes Fariña, para analizar as necesidades desta entidade e a situación de Ceuta -onde residen unhas 350 persoas galegas- trala entrada masiva de inmigrantes procedentes de Marrocos no mes de xullo. 

No encontro, o conselleiro trasladou a solidariedade da Xunta e ratificou o seu apoio ás persoas galegas residentes nesta cidade, unha cuestión na que é clave o labor que desempeña o Centro Gallego de Ceuta, constituído no ano 1935. Nesta liña, na reunión púxose de manifesto o papel desta entidade como embaixadora de Galicia na cidade autónoma e na potenciación dos lazos entre Galicia e Ceuta. 

42 lecturas