A Xunta proxecta o modelo galego de atracción de talento no foro de mobilidade laboral organizado polo Goberno de Ecuador e o Banco Mundial
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participa hoxe en Quito no encontro internacional ‘El futuro de la migración laboral y la movilidad de talento en América Latina’.
O evento reúne hoxe a responsables institucionais, organismos multilaterais e expertos de España, Europa e América Latina para abordar os retos e oportunidades da mobilidade laboral, a formación e a atracción de talento.
Neste marco, José González participou no panel de política migratoria e formación profesional para presentar as bases do plan de atracción de talento que impulsa o Goberno autonómico e explorar novas vías de colaboración en materia de talento.
Afondou nas claves do modelo galego, baseado nunha migración controlada, segura e eficaz, vinculada á demanda das empresas e cunha integración sociolaboral en beneficio da Comunidade, cun primeiro foco no retorno dos galegos do exterior.
No ámbito da cooperación con terceiros países, destacou pasos xa dados como os manifestos de vontades asinados con Ecuador, Colombia, Honduras e Paraguai a prol dun procedemento tutelado desde a orixe e co foco nas persoas.
Incidiu na importancia de que Galicia asuma canto antes as competencias de xestión das autorizacións iniciais de traballo solicitadas ao Estado para potenciar este plan e exercer con plenitude as políticas activas de emprego para a poboación migrante.
A Xunta proxecta o modelo galego de atracción de talento no foro de mobilidade laboral organizado polo Goberno de Ecuador e o Banco Mundial
A Xunta proxecta o modelo galego de atracción de talento no foro de mobilidade laboral organizado polo Goberno de Ecuador e o Banco Mundial
A Xunta proxecta o modelo galego de atracción de talento no foro de mobilidade laboral organizado polo Goberno de Ecuador e o Banco Mundial
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participa hoxe representando a Galicia no foro internacional El futuro de la migración laboral y la movilidad de talento en América Latina, organizado polo Goberno do Ecuador e o Banco Mundial e que reúne hoxe en Quito a responsables institucionais, organismos multilaterais e expertos de España, Europa e América Latina para abordar os retos e oportunidades da mobilidade laboral, a formación en orixe e a atracción de talento.
Concretamente, José González participou no panel Política migratoria e formación profesional, leccións aprendidas para unha mobilidade laboral regulada, xunto a responsables gubernamentais de Colombia, República Dominicana e Ecuador. Ademais, ao final da xornada, formará parte da mesa redonda Quito 2026: hacia una agenda global para la humanidad, na que se definirán as prioridades de acción rexional.
No marco da súa primeira intervención, o conselleiro expuxo as claves do modelo galego de atracción de talento exterior, unha folla de ruta pioneira en España e articulada arredor de dous eixes: un primeiro foco no retorno da diáspora galega e un segundo na captación de profesionais de terceiros países, con especial atención a América Latina. Un modelo que, segundo avanzou, resulta esencial para dar resposta aos retos demográficos da Comunidade e ás necesidades de man de obra cualificada dos sectores estratéxicos galegos.
González afondou tamén nos principios que sustentan esta estratexia, baseada nunha migración controlada, segura e eficaz, plenamente aliñada coa demanda real das empresas e cunha integración socio laboral que beneficie ao conxunto da Comunidade. Nese sentido, puxo en valor a importancia de que Galicia poida asumir canto antes as competencias de xestión das autorizacións iniciais de traballo, xa solicitadas ao Estado, claves para potenciar este plan e tamén para exercer con plenitude as políticas activas de emprego en relación coa poboación migrante, máxime ante o escenario de regularización extraordinaria anunciado polo Goberno central.
No ámbito da cooperación con terceiros países e en base ao modelo que promove a Xunta, o conselleiro destacou pasos xa dados nos que se seguirá afondando como os manifestos de vontades asinados con Ecuador, Colombia, Honduras e Paraguai, que permiten establecer un procedemento tutelado desde a orixe no que participan as administracións dos países implicados e as empresas galegas con necesidades de contratación, garantindo procesos ordenados, transparentes e centrados no beneficio das persoas.
Novas relacionadas



