Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
15Outubro2022Rueda participa nunha reunión de traballo co embaixador de España no Uruguai audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu a unha recepción e xantar de traballo co embaixador de España no Uruguai, José Javier Gómez-Llera y García-Nava, na que estivo presente tamén a ministra conselleira da embaixada, Silvia Cosano Nuño; a cónsul xeral de España en Montevideo, María Victoria Scola Pliego; o conselleiro de Traballo, Migracións e Seguridade Social; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e a delegada... Máis información
-
15Outubro2022Rueda garante aos galegos e galegas do exterior que teñen as portas de Galicia abertas para retornar e emprender na terra das súas orixes audio Convídaas e convídaos a aproveitar as oportunidades que lles ofrece o Goberno galego para formarse, emprender ou asentarse na terra dos seus avós e avoas. Recalca que A Arxentina é “o país do mundo con máis galegos”, xa que residen unhas 180.000 persoas con raíces na Comunidade. No segundo día da súa estadía na capital bonaerense, inaugura a exposición "Iacobus gaudet. Los Caminos de Santiago en Galicia", e asiste ao inicio da Semana do Camiño... Máis información
-
14Outubro2022Rueda agradece o recoñecemento como visitante ilustre de Bos Aires e lembra que os galegos e galegas teñen “unha débeda eterna de gratitude” coa capital arxentina audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe á Lexislatura da Cidade Autónoma de Buenos Aires o seu recoñecemento como visitante ilustre e lembrou que os galegos e galegas teñen “unha débeda eterna de gratitude” coa capital arxentina. Durante a súa intervención, Rueda subliñou a “irmandade” existente entre A Arxentina e Galicia desde hai décadas e fixo especial fincapé na excelente acollida que este país americano realizou... Máis información
-
14Outubro2022Rueda eloxia a pegada da emigración na Arxentina e en Galicia e reedita o compromiso e o apoio da Xunta coas entidades do exterior audio Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular da Xunta, gabou o labor da emigración galega na Arxentina e da emigración arxentina en Galicia: “A historia con minúscula de miles de emigrantes fraguou a nosa Historia con maiúscula”, dixo perante un auditorio de 200 persoas. Destacou o labor do Club Español, “que foi durante 170 anos un fogar e un emblema para españois e galegos na Arxentina”, dixo. Subliñou a obra social de Ospaña, que... Máis información
-
13Outubro2022Encontro do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co xefe do Goberno da Cidade Autónoma de Buenos Aires audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse co xefe de Goberno da Cidade Autónoma de Buenos Aires (CABA), Horacio Rodríguez Larreta. Máis información
-
13Outubro2022Recepción de Alfonso Rueda na Embaixada de España na Arxentina audio O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, asistiu a unha recepción e xantar de traballo coa embaixadora de España na Arxentina, María Jesús Alonso Jiménez, na que estivo presente tamén o cónsul de España en Buenos Aires, Fernando García Casas. Máis información
-
13Outubro2022Rueda garántelles ás empresas pesqueiras galegas na Arxentina reforzo na cooperación por parte da Xunta por tratarse dun sector estratéxico para Galicia audio Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular do Goberno galego, Rueda salienta o benestar que xeran en ambas beiras do Atlántico estas empresas. Remarca o compromiso da Xunta a velar pola súa actividade, ao igual que o está a facer co resto do sector pesqueiro galego ante o veto de Bruxelas á pesca de fondo. Gaba o labor destas firmas por representar “un valor engadido” para o tecido empresarial galego fóra das nosas fronteiras. O... Máis información
-
12Outubro2022Rueda anima á colectividade e ao empresariado galego no exterior a sumar sinerxías para seguir construíndo unha comunidade próspera e unida pola marca Galicia audio Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular do Goberno galego, Alfonso Rueda quere estreitar lazos coa comunidade galega na Arxentina e no Uruguai, así como manter encontros cos e coas representantes das empresas galegas que operan neses países, especialmente coas do sector pesqueiro. Subliña que as galegas e galegos que emigraron e as e os seus descendentes “seguen sendo parte fundamental na vida de Galicia”, de aí que o seu benestar... Máis información
-
12Outubro2022Emigración recolle nun vídeo a xornada de benvida aos 250 beneficiarios e beneficiarias das bolsas BEME do curso 2022/23 audio A Secretaría Xeral da Emigración recolle nun vídeo a xornada de benvida celebrada a pasada fin de semana en Boqueixón aos novos bolseiros e bolseiras Excelencia Mocidade Exterior (BEME) do presente curso. Durante este encontro desenvolvéronse actividades formativas, lúdicas e de lecer. A iniciativa, organizada pola Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (Ajerga) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, contou coa... Máis información
-
11Outubro2022Emigración lembra que nun mes remata o prazo para solicitar as axudas para as familias galegas do exterior en situación de emerxencia social audio A Xunta de Galicia destina 50.000 euros a atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica. O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o próximo 15 de novembro. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que as axudas para familias galegas do exterior que se atopen en situacións de emerxencia social continúan abertas ata o próximo 15 de novembro, cun apoio de ata 3.000€ por persoa... Máis información
Páxinas |