Miranda salienta en São Paulo o compromiso da Sociedade Hispano Brasileira coa galeguidade e coa atención á colectividade

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa directiva da entidade histórica de São Paulo.

Subliñou que a colaboración entre a Xunta e as entidades galegas no exterior é “clave para manter vivos os vínculos culturais e sociais con Galicia”.

Miranda salienta en São Paulo o compromiso da Sociedade Hispano Brasileira coa galeguidade e coa atención á colectividade
Miranda salienta en São Paulo o compromiso da Sociedade Hispano Brasileira coa galeguidade e coa atención á colectividade
Listen to this page using ReadSpeaker
São Paulo (Brasil), 26 de febreiro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coa presidenta da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio, María Dolores Daparte Souto, e coa súa directiva, nun encontro no que puxo en valor o papel histórico desta entidade como referente da galeguidade en Brasil.

Durante a reunión, Miranda trasladou o compromiso da Xunta de Galicia co apoio ás comunidades galegas no exterior, facendo especial fincapé nos programas sociais, culturais e de retorno que a Secretaría Xeral da Emigración desenvolve para acompañar ás familias galegas residentes fóra da comunidade.

O secretario xeral destacou a importancia de entidades como a Sociedade Hispano Brasileira, que ao longo da súa traxectoria se consolidou como un espazo de encontro, apoio mutuo e preservación das tradicións galegas en São Paulo. “A colaboración entre a Xunta e a comunidade galega en Brasil é fundamental para fortalecer os vínculos que nos unen e para garantir que a identidade galega siga viva nas novas xeracións”, sinalou.

Miranda agradeceu a implicación da directiva e dos socios da entidade no mantemento da actividade cultural e social da colectividade galega en Brasil, subliñando que “cada centro galego no exterior é unha embaixada viva de Galicia no mundo”.

59 lecturas