Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
A entidade, fundada por emigrantes galegos en 1940, continúa a ser un referente histórico de solidariedade coa diáspora en Río de Xaneiro.
A Xunta reafirma a súa vontade de manter unha colaboración estable para garantir atención integral ás persoas maiores máis vulnerables.
Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
Miranda: “O labor do Recreio dos Anciãos é esencial para garantir coidado e acompañamento á colectividade”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro, co obxectivo de coñecer de primeira man o labor socioasistencial que desenvolve esta entidade histórica en favor das persoas maiores da colectividade galega.
Durante a visita, Miranda destacou o papel esencial que desempeña esta institución na atención integral ás persoas anciás con necesidades, moitas delas de orixe galega, que atopan neste centro un espazo de acollida, coidado e acompañamento. A entidade, fundada en 1940 por emigrantes galegos, continúa a ser un referente da solidariedade da diáspora en Brasil.
O secretario xeral puxo en valor a importancia de manter unha colaboración estable con este tipo de entidades, que permiten garantir unha atención digna ás persoas maiores que, por razóns de idade, dependencia ou situación sociofamiliar, precisan apoio especializado.
A Associação Recreio dos Anciãos desenvolve unha atención integral que abrangue non só os coidados básicos, senón tamén o acompañamento emocional e social das persoas residentes, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida e o seu benestar.
Miranda subliñou que “a protección e o coidado das nosas persoas maiores no exterior é unha prioridade para a Xunta de Galicia”, e reafirmou o compromiso da Secretaría Xeral da Emigración de seguir apoiando ás entidades que traballan día a día para atender ás galegas e galegos que máis o precisan.
Esta visita enmárcase na axenda institucional desenvolvida en Brasil, centrada en reforzar a rede de apoio social á colectividade galega e consolidar o compromiso do Goberno galego co benestar das persoas residentes no exterior.
Novas relacionadas



