Artesanía de Galicia promove a internacionalización do sector coa participación en “Galicia, Pórtico Universal” en Hamburgo

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño conta cun espazo propio na iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración que se desenvolve ata o domingo.

Achégase o traballo de 26 empresas artesás con produtos emblemáticos de olería, ourivería ou encaixe, así como novas propostas en bixutería ou complementos.

O Obradoiro de Percusión Tradicional Sanín e o de elaboración de zocos de Elena Ferro realizan demostracións en vivo dos seus oficios.

O apoio á internacionalización é un dos obxectivos do novo Plan de Artesanía de Galicia, que incide na competitividade e a potenciación do talento galego.

  • A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, promove a internacionalización do sector coa participación no Porto de Hamburgo en 'Galicia, Pórtico Universal', iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración
    A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, promove a internacionalización do sector coa participación no Porto de Hamburgo en "Galicia, Pórtico Universal", iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014.

A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, promove a internacionalización do sector coa participación no Porto de Hamburgo en "Galicia, Pórtico Universal", iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración que se desenvolve ata o próximo domingo.

No evento a Fundación conta cun espazo propio de exposición e venda de pezas de Artesanía de Galicia, no que se achega o traballo de 26 empresas artesás galegas, e no que tamén hai demostracións ao vivo do Obradoiro de Percusión Tradicional Sanín e do obradoiro de elaboración de zocos de Elena Ferro.

Entre as pezas que forman parte do stand inclúense produtos emblemáticos da nosa artesanía como as olerías tradicionais de Buño (Carmen Labrador, Aparicio Añón, Alfarería Lista e Alfarería O Rulo), Niñodaguia (Alfarería Agustín), Bonxe (Pepa Lombao) e Gundivós (Rectoral de Gundivós); pezas de encaixe elaborado en Camariñas, pratos de madeira da artesá Isabel Neira, ourivería tradicional elaborada por Druída ou os “sanandresiños” de Jorge Bellón.

A cerámica está representada por pezas de Lucía Catuxo, Cerámica Unzueta, Cerámica Suve e Nacho Porto. No téxtil, expóñense pezas de encaixe de Concha Canoura, chales do Castelo de Sobroso, chales de seda pintada á man de María Feijoo, bolsos da Asociación de Redeiras de Corme e pezas de Artefíos e de Anna Champeney. Armaior leva pezas de madeira de oliveira e Artesanía Ferradáns uns abrelatas tamén de madeira.

No stand inclúense tamén interpretacións de produtos tradicionais como as pezas de bixutería de Montse Betanzos (O Grove) a partir de cunchas, a bixutería en madeira que recorda a ourivería tradicional de Silvereira (Teo), os colgantes de vidro baseados nos “sanandresiños” elaborados por Esther Ferreira para Insólito (Santiago de Compostela), ou os zocos de deseño contemporáneo elaborados no obradoiro de Elena Ferro (Merza).

A xoiería aplicada a outros sectores tamén terá protagonismo grazas ás pezas de vidro de Rosa Méndez (Teo) ou a xoiería en cerámica de Marta Armada (Vigo). A xoiería de Maysil (A Estrada) e os xoguetes de Demimos (Santiago de Compostela), completan o stand de Artesanía de Galicia.

O apoio á internacionalización é un dos obxectivos do novo Plan de Artesanía de Galicia, unha folla de ruta, elaborada en colaboración co sector, na que se recolle a estratexia a seguir para impulsar a artesanía galega. O Plan desenvolve liñas de acción concretas ata o 2016 cunha visión a longo prazo para conseguir un sector artesán sólido e sostible no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego.

"Galicia, Pórtico Universal", iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración da Consellería do Medio Rural e do Mar, a Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Economía e Industria, ten como obxectivo a promoción deprodutos de orixe galega, así como Galicia en xeral como referente turístico e de investimento pola alta calidade de tódolos seus servizos, aproveitando as diferentes actividades que os centros galegos realizan por diferentes motivos ao longo do ano.

A área expositiva sobre Galicia e a súa calidade recibirá no porto hamburgués a diversos cruceiros con milleiros de turistas, que asemade coinciden na súa chegada coa presenza no mesmo peirao do buque insignia da Armada Española, o Juan Sebastián Elcano.

Ademais da mostra de artesanía galega, Galicia, Pórtico Universal inclúe tamén mostras de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, demostracións en vivo de actividades artesás galegas, cadansúa área de información de Turgalicia e Xacobeo, e aula profesional de cata. Este ano, ademais, inclúe como novidades salientables diversas expresións culturais adaptadas a cada cidade visitada, e a venda de produtos de cadanseu consello regulador dos produtos agroalimentarios amparados por denominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa.

1068 lecturas