A Xunta participa na celebración en Vigo dos actos da Festa Nacional do Aniversario da Independencia da Arxentina

O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta en Bos Aires asistiron á celebración organizada polo Consulado Xeral da Arxentina en Vigo
O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta en Bos Aires asistiron á celebración organizada polo Consulado Xeral da Arxentina en Vigo
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo (Pontevedra), 7 de xullo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participaron hoxe na celebración en Vigo dos actos da Festa Nacional do 206 aniversario da Independencia da Arxentina organizado polo Consulado Xeral da República Arxentina.

O acto estivo presidido polo cónsul xeral da Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, no salón Antonio Palacios do Hotel Bahía, e, durante o mesmo, agasallouse ás e aos presentes cun espectáculo no que participaron diversas e diversos músicos arxentinos. Rodríguez Miranda agradeceu a invitación a este acto recordando a intensa e importante relación que une a Arxentina e Galicia, xa que se trata do país do mundo con maior número de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior, máis de 182.500.

473 lecturas