A Xunta participa na celebración en Vigo dos actos da Festa Nacional do 205 Aniversario da Independencia de Arxentina

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús María Gamallo, participaron hoxe na celebración en Vigo dos actos da Festa Nacional do 205 Aniversario da Independencia de Arxentina, organizados polo Consulado Xeral da República Arxentina.

O acto desenvolveuse no Auditorio de Afundación e estivo presidido pola cónsul xeral da Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro, facéndose entrega de distincións a varias personalidades arxentinas, a coach Marcela D’Ambrosio e a doutora Raguida Carcur, así como un recoñecemento especial ao doutor Isidro Lago. Deste xeito, recoñécese aos tres polo seu labor a prol da comunidade arxentina que quedou varada en España durante o tempo da pandemia da Covid-19.

684 lecturas