Xunta e Goberno de México asinan un memorando de colaboración para achegar oportunidades de negocio ás empresas galegas en ámbitos como a eficiencia enerxética, a construción de vivenda ou o saneamento

O titular da Xunta e o secretario de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano do Goberno de México, Jorge Carlos Ramírez Marín, interviñeron nunha comparecencia conxunta logo de asinar o acordo. 

Destaca que a finalidade do memorando é que as empresa galegas poidan ofrecer solucións que dean resposta ás necesidades do país especialmente en ámbitos como a construción civil ou a eficiencia enerxética que, actualmente, son os que ofrecen maiores perspectivas de colaboración grazas ao impulso que o Goberno mexicano está dando á súa política de vivenda e urbanismo. 

Asegura que Galicia está en condicións de poder ofrecer o seu coñecemento e tecnoloxía dispoñible en campos como a certificación enerxética de vivendas, o que permitirá tamén capacitar a técnicos locais na metodoloxía que empregan as empresas galegas. 

Convida ao secretario de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano do Goberno de México a coñecer a vivenda bioclimática demostrativa construída no Parque Eólico Experimental de Sotavento por si resultase de interese para replicalo neste país. 

Sinala que a xeotermia é outro dos eidos que abre enormes posibilidades para as empresas galegas á hora de desenvolver tecnoloxía para o aproveitamento deste tipo de enerxía en climatización de vivendas, industrias e edificios públicos. 

  • O titular da Xunta e o secretario de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano do Goberno de México, Jorge Carlos Ramírez Marín, interviñeron nunha comparecencia conxunta logo de asinar o acordo
    O titular da Xunta e o secretario de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano do Goberno de México, Jorge Carlos Ramírez Marín, interviñeron nunha comparecencia conxunta logo de asinar o acordo

Listen to this page using ReadSpeaker
México D.F., 14 de febreiro de 2015.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o secretario de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano do Goberno de México (SEDATU), Jorge Carlos Ramírez Marín, asinaron onte un memorando de colaboración para establecer un marco de traballo conxunto que favoreza o desenvolvemento de oportunidades de negocio para as empresas de ambos os dous territorios.

O obxectivo deste acordo, no que colabora a Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría e Consultoría (Ageinco), é “dinamizar as relacións comerciais” e de investimento entre México e Galicia, e sentar as bases dunha “cooperación estable” en sectores como a eficiencia enerxética, a xestión de residuos urbanos, a consultoría e enxeñaría para a construción de vivenda e obra civil, os servizos de abastecemento e saneamento ou a formación laboral e profesional nestes eidos.

Este acordo, no que a Xunta participa a través do Inega, do IGVS, de Sogama e do Igape, fará fincapé no intercambio de información para identificar oportunidades en actividades empresariais relevantes, para achegar a experiencia do persoal técnico ou para facilitar o contacto entre persoal experto e consultoras e consultores galegos e mexicanos.

Ao termo da xuntanza que ambos os dous mandatarios mantiveron onte, Feijóo explicou que a finalidade do memorando é que as empresa galegas poidan ofrecer solucións que dean resposta ás necesidades do país en ámbitos como a construción civil ou a eficiencia enerxética que, actualmente, son os que ofrecen maiores perspectivas de colaboración grazas ao impulso que o Goberno mexicano está dando á súa política de vivenda e urbanismo.

O modelo de vivenda bioclimática e as posibilidades da xeotermia
Así, Feijóo subliñou que Galicia está en condicións de poder ofrecer o seu coñecemento e tecnoloxía dispoñible en campos como a certificación enerxética de vivendas para capacitar a técnicos locais na metodoloxía que empregan as empresas galegas.

Na mesma liña, sinalou que convidou ao secretario de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano do Goberno de México a coñecer a vivenda bioclimática demostrativa construída no Parque Eólico Experimental de Sotavento por si resultase de interese para replicalo neste país; un proxecto que recibiu diversos premios a nivel nacional e internacional.

Tamén manifestou que a xeotermia é outro dos eidos que pode dar lugar a actuacións conxuntas co Goberno de México, que é o cuarto país do mundo en produción de electricidade a través desta fonte de enerxía. Esta circunstancia, asegurou, abre enormes posibilidades para as compañías galegas á hora de desenvolver tecnoloxía para o aproveitamento deste tipo de enerxía en climatización de vivendas, industrias e edificios públicos. Porque Galicia, engadiu, conta cunha estratexia de impulso a este sector e con empresas que abranguen toda a cadea de valor da xeotermia.

E, finalmente, apuntou que Galicia tamén pode ser un exemplo a seguir desde o punto de vista normativo, posto que a Xunta leva activado unha serie de estímulos económicos para favorecer a implantación de sistemas que axuden a reducir o gasto de enerxía nos fogares, nas empresas e na propia Administración, especialmente, canto a sistemas de iluminación, climatización e illamento.

En virtude do texto asinado onte, Feijóo indicou que tanto o Goberno galego como a SEDATU designarán un coordinador para velar polo seguimento e a execución deste memorando, e definir datas de actuacións futuras.

O mandatario galego concluíu asegurando que este acordo sitúa México como “o país de referencia das nosas empresas, das nosas relacións económicas e tamén das nosas relacións institucionais”.

Interese recíproco de México
Pola súa banda, o secretario de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano de México, Jorge Carlos Ramírez Marín, incidiu na extraordinaria transformación que está a vivir o país orientada cara á sustentabilidade e cara á un novo sentido estético. “Renovar os nosos portos, darlles unha nova visión ás cidades costeiras e portuarias; renovar as nosas zonas metropolitanas e darlles unha nova dimensión, e incluso renovar o noso ordenamento en materia de uso de solo”, explicou, logo de facer fincapé nas actuacións que en Galicia se están a desenvolver arredor destes temas e nas oportunidades que se brindarán en México a partir desta reforma.

“Queremos manter esta condición de crecemento contando coa axuda, a colaboración, a asesoría ou a intervención, inclusive, das empresas de Galicia. E creo que neste convenio atopamos o camiño para que esta amizade se faga práctica e para que vexamos obras españolas en México e, tamén, para transmitir a experiencia que México está a ter en vivenda a solo español”, aseverou.

1039 lecturas