Xunta e Farmamundi activan unha intervención de emerxencia para a atención de necesidades básicas en Guatemala

Trátase da sexta intervención de emerxencia que realiza a Xunta de Galicia no que vai de ano dentro do convenio asinado con Farmamundi.

O goberno galego colabora desde 2009 coa ONGD Farmamundi para atender ás necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano.

Xunta e Farmamundi activan unha intervención de emerxencia para a atención de necesidades básicas en Guatemala
Xunta e Farmamundi activan unha intervención de emerxencia para a atención de necesidades básicas en Guatemala
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012.

A Xunta de Galicia en colaboración ca ONG Farmamundi activou unha nova resposta de emerxencia de acción humanitaria a través do convenio de colaboración que ten asinado con Farmamundi, co fin de realizar o envío de racións alimenticias, kits de hixiene e materiais para a protección e refuxio da poboación guatemalteca.

As institucións que integran o Sistema da Coordinadora Nacional para a Redución de Desastres (CONRED) declararon a Alerta Vermella Institucional en Guatemala debido ao sismo de magnitude 7.2 na escala de Richter rexistrado o pasado 7 de novembro. O goberno guatemalteco declarou o estado de calamidade en oito departamentos do país co obxectivo de axilizar a xestión de recursos para a atención inmediata das persoas damnificadas.

O presente proxecto localizouse en dúas comunidades do departamento de Quetzaltenango, sendo beneficiarias do mesmo 75 familias, seleccionadas empregando criterios de vulnerabilidade, relacionados cos riscos sanitarios e a perda de vivendas. A través desta intervención entregáronse racións alimenticias, kits de hixiene e materiais para a protección e refuxio.

A socia local de Farmamundi, encargada da execución da intervención en terreo, é a Asociación de Servizos Comunitarios da Saúde (ASECSA), unha organización civil de interese social que, a través da Atención Primaria en Saúde, contribúe ao traballo de saúde comunitaria e saúde pública.

A intervención de emerxencia
As accións a desenvolver previstas no marco do presente proxecto son, en primeiro lugar, a entrega de dous lotes de racións alimenticias, que conterán os produtos precisos para garantir a alimentación básica de familias formadas por sete persoas durante catro días. En segundo lugar, entregaranse kits de hixiene familiar e outros produtos específicos para atender as necesidades das mulleres das comunidades beneficiarias da intervención. Finalmente, cada unha das 75 familias recibirá aparellos de primeira necesidade (mantas e utensilios de cociña) para asegurar a protección e as condicións hixiénicas durante o proceso de cocción dos alimentos.

573 lecturas