A Xunta defende a colaboración co Corpo Consular para potenciar as relacións internacionais de Galicia e o retorno das persoas galegas do exterior

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou no acto de recepción das autoridades de Galicia organizado polo corpo consular de Vigo.

José González puxo de relevo o importante traballo que realizan os consulados para facilitar o arraigamento das persoas galegas do exterior que deciden retornar á comunidade e dos cidadáns estranxeiros en Galicia.

En relación cos emigrantes galegos, expuxo que o Executivo autonómico está a atraer talento coa Estratexia Galicia Retorna e, no caso persoas estranxeiras, explicou a aposta por facilitar unha migración laboral ordenada.

Apelou á colaboración de todas as administracións, entre elas o Goberno central, a prol dunha Galicia aberta ao mundo e para afrontar retos comúns como a mobilidade ordenada ou facilitar a atención consular.

  • A Xunta defende a colaboración co Corpo Consular para potenciar as relacións internacionais de Galicia e o retorno das persoas galegas do exterior
    A Xunta defende a colaboración co Corpo Consular para potenciar as relacións internacionais de Galicia e o retorno das persoas galegas do exterior
  • A Xunta defende a colaboración co Corpo Consular para potenciar as relacións internacionais de Galicia e o retorno das persoas galegas do exterior
    A Xunta defende a colaboración co Corpo Consular para potenciar as relacións internacionais de Galicia e o retorno das persoas galegas do exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo (Pontevedra), 13 de xuño de 2025.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, destacou hoxe a importancia da colaboración entre o Goberno galego e o corpo consular para potenciar as relacións internacionais de Galicia e o retorno das persoas galegas do exterior. Así o sinalou en Vigo durante o acto de recepción das autoridades de Galicia representantes do tecido socioeconómico e cultural, organizado polo corpo consultar de Vigo e que contou tamén con representantes do corpo consular da Coruña.

Alí, o conselleiro puxo de relevo o importante traballo que realizan os consulados para facilitar o arraigamento dos cidadáns estranxeiros en Galicia e das persoas galegas do exterior que deciden retornar á comunidade. Nesta liña, destacou a aposta da Xunta a prol do retorno das galegas e galegos emigrantes, da mobilidade ordenada e da colaboración económica e cultural.

No caso da comunidade galega do exterior, salientou a Estratexia Galicia Retorna coa que o Goberno galego está a atraer talento, capital humano e proxectos de vida para Galicia con medidas como as Bolsas excelencia mocidade exterior -BEME-, que permiten á mocidade do exterior completar a súa formación académica en Galicia para posteriormente insertarse no mercado laboral ou valorar o emprendimiento. Tamén se referiu ao programa Retorna Cualifica Emprego, no marco do cal se celebraron as feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai, así como ás axudas extraordinarias para apoiar as familias retornadas nos primeiros gastos na súa chegada a Galicia.

O conselleiro tamén engadiu que, ademais de ser terra de oportunidades para as persoas galegas retornadas, Galicia tamén o é para as persoas estranxeiras. Neste campo, explicou que o Executivo galego aposta por facilitar unha inmigración ordenada e en base a un emprego de calidade co foco posto en América Latina polos lazos históricos que a unen con Galicia e con accións como os convenios asinados con Colombia, Honduras, Ecuador e Paraguai.

Colaboración

Isto, subliñou José González, evidencia que Galicia é terra de acollida, cuestión na que ten moito que ver a colaboración do corpo consular, das embaixadas e das súas oficinas, que axudan a que as persoas poidan instalarse en Galicia con seguridade. Neste contexto, apelou á colaboración de todas as admnistracións, entre elas o Goberno central, a prol dunha Galicia aberta ao mundo e para afrontar retos comúns como a mobilidade ordenada ou facilitar a atención consular.  Para iso, subliñou, é fundamental que o Executivo estatal teña en conta a realidade da rede de consulados á hora de tomar medidas que contribúan ao arraigamento ordenado dos cidadáns na comunidade galega.

367 lecturas