A Xunta estuda vías de colaboración con Raicex para apoiar o labor que desenvolve co conxunto da diáspora científica española e facilitar o retorno das persoas investigadoras de orixe galega
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola directora da área de Talento e Transferencia, María José Mariño Fontenla e a subdirectora xeral de Retorno, Begoña Solís, participou nunha reunión telemática cos responsables da Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos no Exterior (RAICEX). Durante o encontro, cada un dos representantes expuxo as liñas de actuación que desenvolven nos seus respectivos departamentos, co obxectivo de identificar posibles vías de colaboración que favorezan o retorno do talento galego e o fortalecemento dos vínculos coa comunidade investigadora no exterior.
Na xuntanza tamén estiveron presentes representantes da Axencia Galega de Innovación (GAIN), que presentaron as iniciativas da Xunta de Galicia para apoiar a investigación e a innovación, así como as oportunidades que ofrece Galicia para o desenvolvemento profesional no ámbito científico e tecnolóxico. Todas as partes coincidiron na importancia de traballar de forma coordinada para impulsar o regreso dos profesionais galegos e atraer talento á nosa comunidade.
Novas relacionadas




