Vilanova de Arousa creará unha asociación provincial de ex emigrantes de Cuxhaven

A entidade conmemora o décimo aniversario do irmandamento entre o municipio galego e o alemán.

Listen to this page using ReadSpeaker
12 de xullo de 2011.

A concellaría de Cultura de Vilanova promoverá a construción dunha asociación cultural de emigrantes retornados da cidade alemá de Cuxhaven. Esta nova entidade, será unha das formas de celebrar o décimo aniversario do irmandamento entre os municipios de Vilanova e Cuxhaven.

A asociación será unha forma de dar continuidade aos vínculos culturais que no seu día se crearon entre estas dúas localidades. Vilanova ofreceuse voluntaria para promover esta iniciativa a nivel provincial, pois desde sempre abanderou as relacións co municipio alemán. Segundo o concelleiro de Cultura, só durante os anos 60 e 70 máis de 1.500 veciños de Vilanova emigraron a Cuxhaven.

Este ano cúmprense, ademais, dez anos do irmandamento entre ambas as vilas. Durán xa mantivo numerosos contactos tanto cos emigrantes que aínda residen en Cuxhaven, como cos que volveron hai anos a Vilanova. O concello dispón xa dun borrador e quere aproveitar o mes de xullo para darlle un impulso a este ambicioso proxecto.

 

Foto: Concello de Vilanova de Arousa

1328 lecturas