A Universidade de Salamanca organiza un curso de galego

Tratase da primeira actividade destas características que se impartirá en Castilla y León.

Listen to this page using ReadSpeaker
10 de novembro de 2009.

A Universidade de Salamanca, a través do seu Servicio Central de Idiomas e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organiza o curso semipresencial de lingua galega CELGA1, a primeira das súas características é que se impartirá en Castilla y León.

A actividade formativa terá unha duración de 100 horas lectivas (75 por internet e 25 presenciais) e servirá de preparatorio das probas oficiais CELGA 1. As sesións desenvolveranse do 4 de decembro ao 28 de febreiro de 2010, as clases presenciais terán lugar os vénres de 17 h. a 19:30 h. ou os sábados de 10 h. a 12:30 h.

Os interesados poderán formalizar a súa matrícula dende o 23 de novembro ata o 3 de decembro a través da web do Servicio de Cursos Extraordinarios da Usal. O prezo da matrícula é de 105 euros.

1769 lecturas