Trinta e oito persoas examínanse do galego en Arxentina
O delegado da Xunta en Bos Aires destaca o esforzo dos participantes "para manter a lingua e a cultura galega no exterior".
O Centro Galicia de Bos Aires acolleu hoxe os exames de nive 1,2 e 4 de galego, aos que se presentaron 38 persoas. As probas Celga están programadas polas secretarías de Política Lingüística e Emigración da Xunta.
A maioría dos participantes nos exames son alumnos dos cursos de lingua organizados pola Administración autonómica no marco do programa "Cursos de Lingua galega na túa cidade". 27 deles concurriron á proba correspondente ao nivel 2, outros 10 no curso 1 e unha sola persoa presentouse ao exame para obter o Celga 4.
As probas leváronse a cabo nas instalacións do Centro Galicia de Bos Aires e o delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, aproveitou a ocasión para saudar aos alumnos e agradecerlles "o seu esforzo para manter a lingua e a cultura galega no exterior".
López Dobarro explicou que esta iniciativa permite «tratar en igualdade de condicións a todos os cidadáns galegos, estean onde estean»
Novas relacionadas