Un selo galego-asturiano compón música para unha produción de Hollywood

El arte del Grito, unha produtora galego-asturiana, realizou o seu primeiro traballo para a industria cinematográfica de Hollywood.

Listen to this page using ReadSpeaker
29 de setembro de 2009.

O compositor do selo, Juan Carlos Casimiro, con estudos na universidade californiana de Berkeley e membro da exclusiva Asociación Mundial de Compositores, vendeu unha das súas pezas á produtora norteamericana Lucky Pierre.

O ourensano Héctor Lemos, produtor executivo do selo, móstrase satisfeito con que o seu produto chegue ao mercado internacional "tras varios intentos infrutuosos". Esta empresa non só dedícase á música clásica ou bandas sonoras, abrangue tamén campos como o pop ou o rock: "Actualmente estamos a traballar co grupo Coda, e co guitarrista de Loquillo, Igor Paskual".

A película na que se utilizou esa música titúlase Waiting for Ophelia, dirixida por Adam Carl

1328 lecturas