A Secretaría Xeral da Emigración acolle a presentación do libro “Éramos tres niños perdidos en la niebla" de Ruperto Long

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia acolleu este martes a presentación da novela "Éramos tres niños perdidos en la niebla", do escritor uruguaio Ruperto Long. O acto contou coa participación do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o cónsul xeral de Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, e o autor, quen mantiveron unha conversa sobre a obra e os seus vínculos coa emigración.
A novela relata a historia de tres nenos que, en plena Segunda Guerra Mundial, víronse atrapados nos horrores do Holocausto e da persecución, pero atoparon forza na amizade e na esperanza. A presentación en Santiago de Compostela foi unha oportunidade para reflexionar sobre a emigración como un fenómeno histórico e actual, así como sobre a importancia de preservar a memoria das xeracións que viviron o desarraigo.
Novas relacionadas