Rueda enxalza o papel das entidades galegas no exterior e constata o desexo da emigración por seguir participando no rumbo de Galicia

  • O titular do Goberno galego presidiu a recepción oficial do Día da Galicia Exterior
    O titular do Goberno galego presidiu a recepción oficial do Día da Galicia Exterior

Recepción de autoridades e entrega de diplomas ás entidades - VI Día da Galicia Exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2022.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe o papel das entidades galegas no exterior e constatou o desexo da emigración por seguir participando no rumbo de Galicia.

O titular do Goberno galego presidiu na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos a recepción oficial do VIº Día da Galicia Exterior, un acto que tradicionalmente se celebra coincidindo co Ano Santo, polo que non se conmemoraba dende hai 11 anos.

Alfonso Rueda recordou que Galicia se estende “máis alá das súas fronteiras” e que a galeguidade é un concepto moi amplo que se entende como o dereito das comunidades galegas a participar na vida social e cultural de Galicia, “unha sólida ponte que se mantén firme ata os nosos días”, indicou.
 
O presidente da Xunta ratificou o compromiso do Goberno galego coas comunidades no exterior. Rueda quixo mandarlles unha mensaxe de agradecemento “por ondear a bandeira da galeguidade”, de orgullo “pola defensa da marca Galicia”, de compromiso e de apoio.

Indicou, ademais, que a Xunta sempre estará a carón dos galegos e galegas que queren exercer o dereito a retornar. “A porta estará sempre aberta para vós. Sempre vos recibiremos cos brazos abertos”, subliñou.

817 lecturas