Feijóo reedita o compromiso co retorno das galegas e galegos do exterior e salienta que as e os mozos beneficiarios das Bolsas de Excelencia para estudos de másteres contarán cun 30% máis de prazas

Destaca que nesta quinta convocatoria cada moza ou mozo contará cunha achega de entre 7.000 e 11.475 euros; ademais dunha oferta de 90 másters nas tres universidades galegas, nove máis que na edición anterior.

“Contamos con vós para seguir facendo unha Galicia nova, dinámica e familiar”, di, afirmando que a Xunta seguirá ampliando as pontes para o retorno dos galegos e galegas do exterior, “vivan onde vivan”.

Recorda que desde a posta en marcha destas bolsas, incluída esta nova convocatoria, xa son 700 os mozos e mozas que decidiron sumarse a esta oportunidade, fortalecendo os lazos coa Comunidade a través da formación.

Lembra a posta en marcha en 2018 da Estratexia Galicia Retorna, dotada con 235 millóns; e resalta que, en plena pandemia, duplicáronse as axudas ao retorno emprendedor e incrementouse o apoio ás entidades galegas do exterior, con especial atención aos centros que atenden ás e aos maiores.

  • O presidente do Goberno galego participou no encontro coas e cos beneficiarios das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME)
    O presidente do Goberno galego participou no encontro coas e cos beneficiarios das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME)

Acto de entrega de diplomas ás e aos bolseiros BEME 2020-2021
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reeditou hoxe o compromiso da Administración autonómica co retorno dos galegos e galegas do exterior e salientou que as mozas e mozos beneficiarios das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) contarán, no vindeiro curso, cun 30% máis de prazas, pasando de 150 a 200.

Durante o encontro cos beneficiarios e beneficiarias destas bolsas, Feijóo destacou así un incremento do orzamento que pasa de 1,3 millóns de euros ao algo máis de 1,7 millóns, de xeito que nesta nova convocatoria -a quinta- cada moza ou mozo contará cunha achega de entre 7.000 e 11.475 euros; ademais dunha oferta de 90 másteres nas tres universidades galegas, aliñados coas necesidades do tecido produtivo galego e nove máis que na edición anterior.

Desde a posta en marcha deste programa, incluíndo esta nova convocatoria, o titular do Goberno galego recordou que xa son 700 os mozos e mozas que decidiron sumarse a esta oportunidade, fortalecendo os lazos coa Comunidade a través da formación.

“Contamos con vós para seguir facendo unha Galicia nova, dinámica e familiar”, abundou, afirmando que a Xunta seguirá ampliando as pontes para o retorno das e dos galegos do exterior, “vivan onde vivan”. “Todos os departamentos do Goberno galego teñen como obxectivo estratéxico procurar o retorno dentro das súas competencias”, abundou, resaltando a posta en marcha, en 2018, da Estratexia Galicia Retorna, dotada con 235 millóns e con distintos proxectos educativos, laborais e industriais.

“E, en plena pandemia, duplicamos as axudas ao retorno emprendedor; e puxemos en marcha a Oficina de Atención ao Retorno para facilitar o regreso”, precisou, subliñando que o programa BEME posibilitou que 150 currículos excelentes estudasen este curso un máster nalgunha das universidades galegas.

Nesta mesma liña, destacou o reforzo da política de emigración da Xunta durante a covid-19: mantendo un contacto estreito con todos os centros e asociacións; impulsando as axudas directas aos galegos e galegas do exterior “que peor o estaban a pasar”; e cun incremento do apoio ás entidades galegas do exterior, con especial atención aos centros que atenden ás persoas maiores.

O presidente da Xunta concluíu recordando que o pasado ano preto de 4.000 galegas e galegos do exterior retornaron a Galicia en plena pandemia; case tres de cada catro menores de 45 anos.

1235 lecturas