Román Rodríguez ultima coa directiva do Centro Galicia a cesión temporal de 'A derradeira leición do mestre', de Castelao

O conselleiro de Cultura, acompañado do secretario xeral da Emigración, mantén unha reunión coa directiva do centro para asegurar que o traslado do cadro se realice coas maiores condicións de seguridade e profesionalidade.

A exposición ‘Castelao Maxistral’, cuxa peza principal é o óleo, inaugurarase na Cidade da Cultura o vindeiro 5 de outubro.

  • O conselleiro de Cultura, acompañado do secretario xeral da Emigración, mantén unha reunión coa directiva do centro para asegurar que o traslado do cadro se realice coas maiores condicións de seguridade e profesionalidade
    O conselleiro de Cultura, acompañado do secretario xeral da Emigración, mantén unha reunión coa directiva do centro para asegurar que o traslado do cadro se realice coas maiores condicións de seguridade e profesionalidade
  • A exposición ‘Castelao Maxistral’, cuxa peza principal é o óleo, inaugurarase na Cidade da Cultura o vindeiro 5 de outubro
    A exposición ‘Castelao Maxistral’, cuxa peza principal é o óleo, inaugurarase na Cidade da Cultura o vindeiro 5 de outubro
  • Román Rodríguez e Antonio Rodríguez Miranda visitaron o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, que xa conta cunha aula de informática ao máximo nivel tras recibir  unha dotación de 30 ordenadores por parte da Xunta de Galicia
    Román Rodríguez e Antonio Rodríguez Miranda visitaron o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, que xa conta cunha aula de informática ao máximo nivel tras recibir unha dotación de 30 ordenadores por parte da Xunta de Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 3 de maio de 2018.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva do Centro Galicia de Bos Aires para ultimar as cuestións técnicas arredor da cesión temporal do cadro A derradeira leición do mestre, unha das obras máis senlleiras pintadas por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que sairá por primeira vez da Arxentina para ser exhibida este outono en Galicia. De feito, o conselleiro anunciou que a mostra, na que o cadro é a peza principal, inaugurarase na Cidade da Cultura o vindeiro 5 de outubro.

Durante a reunión –á que asistiu acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo–, o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia trasladou a vontade de realizar este préstamo coas maiores condicións de seguridade e baixo os estándares profesionais máis elevados, tendo en conta que se trata dunha obra simbólica tanto na traxectoria artística de Castelao como para Galicia enteira.

Neste sentido, quixo trasladar o seu agradecemento ao Centro Galicia pola súa xenerosidade, así como polo traballo que teñen realizado, e realizan, para conservar e estender a cultura galega no exterior. “Para nós foi un reto plantexar esta oportunidade de exhibir por primeira vez o cadro en Galicia, pero é posible porque miramos cara a colectividade con moito respecto, orgullo e con ganas de seguir construíndo pontes”, resaltou Román Rodríguez.

De feito, o acordo para poder contemplar este cadro en Galicia xurdiu precisamente hai un ano, a raíz dunha negociación realizada polo propio conselleiro durante a Feira do Libro de Bos Aires 2017.

Cómpre destacar que esta cesión brindará aos galegos e galegas a oportunidade de contemplar este óleo no marco dunha exposición temporal titulada Castelao Maxistral, que se organizará na Cidade da Cultura a partir do próximo 5 de outubro. A mostra estará comisariada por Miguel Anxo Seixas, vicepresidente da Fundación Castelao e que vén de presentar a súa tese de doutoramento, un dos traballos de investigación máis completos sobre o intelectual e artista de Rianxo.

Colexio Santiago Apóstol
Ademais, Román Rodríguez e Antonio Rodríguez Miranda visitaron o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, que xa conta cunha aula de informática ao máximo nivel tras recibir  unha dotación de 30 ordenadores por parte da Xunta de Galicia. Precisamente, e con motivo da visita, un grupo de alumnas e alumnos do centro realizáronlle unha pequena entrevista ao conselleiro.

Así mesmo, Román Rodríguez tamén participou na ofrenda floral, organizada pola Academia Arxentina de Letras, á escritora de orixe galega María Esther Vázquez.

450 lecturas