Unha retornada de Montevideo protagoniza en Ordes o "Día do Emigrante"

Adriana Vera, neta de galegos, realizou unha ofrenda a San Roque.

Listen to this page using ReadSpeaker

A diáspora galega deuse cita o pasado martes en Ordes. O Concello celebrou un ano máis o Día do Emigrante que enmarcou nas súas festas patronais. Este ano Adriana Vera, neta de emigrantes ordenses, realizou unha ofrenda a San Roque no transcurso da liturxia. A historia de Vera é a dun retorno, pois agora é ela a que emigra a Galicia dende Montevideo.

Os actos, aos que asistiu o alcalde da localidade, Manuel Regos, comezaron cunha misa en honor ao colectivo. Tras a cerimonia, levouse a cabo unha ofrenda floral no monumento ao emigrante, ás mans do alcalde e os pais de Adriana Vera. Pola noite estaba previsto que as orquestras Panamá e Panorama se encargasen de facer bailar aos e ás ordenses.

Fonte: La Voz de Galicia | Foto: Concello de Ordes

1201 lecturas