O presidente da Xunta recibe mañá ás e aos beneficiarios da primeira edición das 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior'

O acto terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia
O acto terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018.

Mañá martes, 20 de febreiro, ás 12:30 h no Salón de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (en Santiago de Compostela) celebrarase o acto de recepción - entrega de diplomas do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aos beneficiarios e beneficiarias da primeira edición do programa de “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME”.

Asistirán tamén ao acto, entre outras autoridades, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan M. Viaño Rey; o reitor da Universidade da Coruña, Julio E. Abalde Alonso; o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel José Fernández Iglesias; e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda.

1288 lecturas