Presentan un documental sobre unha familia de emigrantes galegos en Cuba.

O filme conta a historia de Benigno Santamaría, un emigrante do Ribeiro, e os seus descendentes.

Listen to this page using ReadSpeaker

Case dous anos tardaron Lois Pérez Leira e Elba Torres para converter en realidade o proxecto De Prexigueiro a Cuba. Trátase dun documental sobre a familia Santamaría, presentado por primeira vez o pasado venres na Fundación Mayeusis, en Vigo.

Os realizadores recolleron testemuños de descendentes de Benigno Santamaría nos dous lados do Atlántico. Nacido no Ribeiro, Santamaría deixou o seu pobo nas primeiras décadas do século XX e iniciou a súa aventura na illa centroamericana.

Nos 55 minutos que dura a fita, os espectadores coñecen historias como a de Abel Santamaría e a súa vinculación con Fidel Castro, co que compartiu asalto ao cuartel Moncada, polo que, pouco tempo despois, foi detido e asasinado.

Tamén contaron os seus recordos para as cámaras Vicente Feliú, Eusebio Leal, Teresa Linares, Niurka Santamaría ou Celia Hart Santamaría, que faleceu nun accidente pouco despois de participar na rodaxe.

En imaxes
1250 lecturas