«Paseo» de Emiliano Penelas, mellor corto experimental do Festival Internacional Punta do Este

Descendente de galegos, Penelas participa activamente no Centro de Betanzos de Bos Aires.

Listen to this page using ReadSpeaker
6 de novembro de 2009.

O cortometraxe arxentino «Paseo», de Emiliano Penelas, ganou o premio «Ballena Franca» ao Mellor Corto Experimental do Séptimo Festival Internacional de Cine de Punta do Este, que se realizou entre o 29 e 31 de outubro na sala Cantegrill.

Coa nacionalidade española, descendente de emigrantes galegos, Penelas participa activamente na colectividade galega arxentina, máis concretamente do Centro de Betanzos de Bos Aires, ao formar parte da súa comisión directiva. De feito, o cineasta creou o cineclub do centro.

Considerado un dos encontros máis importantes de Uruguai, o Festival Punta do Este exhibiu este ano traballos de máis de dez países iberoamericanos.

1829 lecturas