Os xornalistas e biógrafos de Fraga Pilar Falcón e Fernando Jáuregui recordadon ao político galego na Casa de Galicia
Na mesa redonda "Fraga visto polos seus biógrafos".
No acto presentouse un busto de Fraga asinado e doado polo escultor Santiago de Santigo.
Os xornalistas Pilar Falcón e Fernando Jáuregui, biógrafos de Manuel Fraga, recordaron onte na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid a figura do político galego, que foi fundador do Partido Popular e presidente da Xunta, na mesa redonda Fraga visto polos seus biógrafos, que tivo lugar na tarde de onte. Previamente presentouse un busto de Manuel Fraga asinado polo escultor Santiago de Santiago, que o doou á Casa, da que Fraga foi fundador.
Conduciu o acto o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que deu a benvida e presentou os intervenientes no acto, que comezou co descubrimento do busto de Fraga doado por De Santiago, quen sinalou que a obra chega á Casa no vinte aniversario da súa inauguración por parte do homenaxeado e recordou algúns dos seus encontros. Interveu a continuación Francisco Díaz Rey, primeiro director da Casa de Galicia, que recordou o multitudinario acto de inauguración e a súa afirmación de que "Galicia abría Casa en Madrid" e facíao como escaparate de "a súa gozosa realidade".
Pilar Falcón, presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid, é autora de Fraga y Galicia (2002), onde desentraña as claves íntimas da última etapa da carreira política do enérxico dirixente, na que sempre estudo presente a súa orixe galega.
Segundo Falcón, en Fraga hai moitos Fragas, e dominaba o que quería ver a xente, “aquel cuxa personalidade marcou o seu partido para ben e para mal, o home ´auctorictas´ por riba de todo; o home con capacidade mínima de aguante... ese aspecto que creou ao mito"; pero, indicou, estaba despois o coñecedor da Administración, do Estado “e que sabía polo tanto onde debía conducirse para facelo sempre de acordo á orde establecida”. Identificou mesmo a "un terceiro Fraga, que correpondía ao feito de ser galego, membro dunha familia humilde e relixioso, un ser sen muruxas onde o esforzo e a constancia estaban no punto de referencia do seu conducta”.
Fernando Jáuregui, director de Diariocritico.com é autor de varios libros sobre Fraga - La dereita después de Fraga (1987), Cinco horas y toda una vida con Fraga (2004), Manuel Fraga, historia de un fracaso admirable (2005) e Elogio a Fraga de un antifraguista. La sexta hora que no pude pasar con Fraga, de recente publicación-, político ao que seguiu activamente como xornalista en grande parte da súa vida política e ao que fixo numerosas entrevistas persoais.
Jáuregui defínese como "un antifraguista que foi evolucionando cara ao cariño persoal e a comprensión cara ás súas posicións políticas", a pesar do rexeitamento que lle producía "o seu autoritarismo" e de que, recordou, el era unha persoa que cabreaba o político, aínda que sempre tivo o seu respecto. Referiuse en especial ás cinco entrevistas recollidas no seu último libro, as entrevistas, di, nas que Fraga se mostrou máis humano e que recompilou "en homenaxe ao mellor Fraga, que foi o último".
Entre o numeroso público que encheu as dúas salas de actos da Casa achábanse Elisa e Margarita Fraga, irmás do político, os ex ministros Robles Piquer e Romay Beccaría e o deputado por Lugo Joaquín García Díaz, ademais de representantes das asociacións galegas en Madrid.
Novas relacionadas





