Céspedes ve moi vivo o labor de Fraga en favor das galegas e os galegos emigrados a Cuba
O libro "Manuel Fraga, un galego cubano. Fidel Castro, un cubano galego" foi presentado onte en Santiago de Compostela.
Os esforzos de Manuel Fraga en favor das e dos emigrantes galegos en Cuba non foron baldíos nin caeron no esquecemento. Así o mantivo onte en Santiago o escritor caribeño Miguel Ángel Alvelo Céspedes (Camagüey, 1968), que subliñou que o xa desaperecido presidente da Xunta abriu contracorrente en 1991 unha vía de concordia coa illa antilla que segue totalmente vixente. "Os programas que impulsou Manuel Fragga manteñen viva a cultura galega e os centros galegos", manifestou en declaracións este xornal antes de presentar o seu libro Manuel Fraga, un gallego cubano. Fidel Castro, un cubano gallego. Alvelo remarcou a continuidade daquela formulación de Fraga nos seus actuais sucesores na Xunta e apuntou que, malia a crise "mantéñense" 7.000 axudas asistenciais. "E é así polo esforzo grande que realizan tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; como o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,". "Núñez Feijóo está moi preocupado polos galegos que viven en Cuba", resolveu o escritor.
Fundación
O falecido presidente da Xunta é "un home venerado en Cuba". "Coñéceno todos os cubanos", explicou Céspedes. Ademais, anunciou que as galegas e os galegos en Cuba pretenden "activar" agora a Fundación Manuel Fraga, radicada en Vilalba. "Traballaremos para que sexa un vínculo entre Cuba e Galicia".
Fonte e foto: El Correo Gallego
Novas relacionadas