Os galegos de Venezuela e os da Galicia territorial residentes no exterior aglutinan máis da metade dos cen primeiros postos provisionais das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME)

Por países de residencia do cento de solicitantes lograron unha maior puntuación, o suramericano é o máis numeroso con 28, seguido do Uruguai con 14 e o Reino Unido con 12

Entre os cen mellores expedientes seleccionados nunha primeira baremación atópanse universitarios de Canadá, Chile, Austria, Bolivia, Bélxica, Turquía, Alemaña, Polonia e Francia, entre outros países

A idade que se repite con máis frecuencia entre os 100 primeiros universitarios son os 25 e 27 anos, e a súa media é de 30 anos

Os galegos de Venezuela e os da Galicia territorial residentes no exterior aglutinan máis da metade dos cen primeiros postos provisionais das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME)
Os galegos de Venezuela e os da Galicia territorial residentes no exterior aglutinan máis da metade dos cen primeiros postos provisionais das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME)
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago, 15 de xullo de 2018.

A falta de completar todos os prazos do procedemento administrativo de concesión das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que concederá por segundo ano a Secretaría Xeral da Emigración aos cen mellores expedientes académicos de galegos no exterior, os de Venezuela e os da Galicia territorial aglutinan máis da metade da listaxe provisional. Trinta do cento de seleccionados provisionalmente polo departamento autonómico seguindo os criterios de baremación que figuran nas bases da convocatoria proceden de Venezuela, e 22 da Galicia territorial.

Por países de residencia, 28 dos cen seleccionados para optar a unha das prazas para cursar un mestrado nunha universidade pública galega proveñen do país suramericano, outros 14 do Uruguai, 12 do Reino Unido, 11 de México e un número idéntico do Brasil, 9 da Arxentina, 3 de Alemaña, outros 3 de Chile  e 2 de Bélxica. O resto de solicitudes aceptadas e con puntuación provisional suficiente para obter unha das axudas da Secretaría Xeral da Emigración chegaron desde Canadá, Austria, Francia, Polonia, Turquía e Portugal.

Respecto a outros aspectos dos perfís dos mozos que completaron o proceso de solicitude das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, entre os cen primeiros seleccionados a idade que máis se repite son os 25 e os 27 anos, e a media ten 28 anos. Tamén hai un gran número de candidatos que contan 26, 29, 31 e 24 anos.

Unha Galicia máis competitiva

“Estes primeiros datos provisionais confirman o que levan apuntando desde hai anos as cifras de retorno e mesmo as de emigración: que os nosos mozos, tanto os de segundas e terceiras xeracións como os emigrantes nacidos en Galicia, queren volver. Todos eles están a ver esta Galicia en evolución, en constante cambio e modernización, e queren seguir a formar parte dela dun xeito aínda más intenso, desde dentro”, sinalou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. “Por iso, Galicia quere darlle as grazas a todos e cada un deles por querer seguir aportando todo o talento que traen do exterior para facer da nosa terra unha comunidade cada día máis competitiva e plural”, engadiu o responsable autonómico.

O procedemento aínda non está rematado e, unha vez publicada a listaxe dos admitidos, os candidatos teñen de prazo ata o día 10 de agosto 2018 ás 24 horas (hora peninsular española) para enviar o xustificante de estar matriculado nun mestrado dos ofertados na convocatoria e envialo a través da aplicación informática. A resolución de concesión da bolsa se publicará entre finais de agosto e principios de setembro

O prazo de solicitude das BEME rematou o pasado 31 de maio, e ata ese momento un total de 540 persoas iniciaron a tramitación da petición, malia que 185 delas non remataron o proceso por diferentes motivos. Dos 355 que si completaron a xestión, deseñada para levarse a cabo de xeito integramente electrónico, 214, é dicir, máis do 60 %, son mulleres e os 141 restantes, o 39,72 %, homes.

1053 lecturas