Os case 60 beneficiarios e beneficiarias das BEME que cursarán un mestrado na Universidade de Santiago, a máis demandada nesta cuarta convocatoria, participan nunhas xornadas prácticas virtuais

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e as universidades galegas, ofrecerán información sobre o sistema académico e sanitario galego. 

Bolseiras e bolseiros de anteriores edicións orientarán, ademais, os alumnos e alumnas sobre a cultura, costumes e trámites que deben levar a cabo antes de iniciar os seus estudos na comunidade.

Imaxe da xornada cos bolseiros e bolseiras BEME da Universidade de Santigo de Compostela
Imaxe da xornada cos bolseiros e bolseiras BEME da Universidade de Santigo de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2020.

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e as tres universidades públicas galegas, celebraron esta tarde a segunda das xornadas de benvida virtuais dirixidas aos case 150 beneficiarios e beneficiarias desta cuarta convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). A sesión de hoxe dirixiuse aos bolseiros e bolseiras que cursarán o seu mestrado na Universidade de Santiago, a que máis acubillará neste exercicio, un total de 59.

A xornada contou coa participación do vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce, un representante da Consellería de Sanidade e bolseiras e bolseiros de anteriores edicións, que aportaron información práctica sobre o curso académico, o sistema sanitario e o protocolo para a detección e manexo de casos de infección activa polo virus covid-19, e outras cuestións como a busca de vivenda e os costumes e cultura galegas. A continuación, as e os asistentes plantexaron as súas dúbidas aos expertos e expertas. O obxectivo das xornadas informativas é achegar ata os respectivos países de procedencia dos mellores expedientes académicos de mozas e mozos galegos residentes no exterior asesoramento sobre cuestións previas ao seu establecemento na comunidade que lles axuden a axilizar e coñecer os diferentes trámites que terán que levar a cabo.  

Máis de 60 medidas
As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior forman parte da Estratexia Galicia Retorna, o primeiro plan integral de retorno de España, que persegue incentivar o retorno das e dos cidadáns galegos do exterior, non só das persoas emigradas, senón tamén das e dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos e fillas nos centros de ensino secundario da comunidade, así como no sistema universitario de Galicia a través dun total de máis de 60 medidas tanto específicas como transversais.

423 lecturas