A opereta galega «A Berenguela» será representada no Teatro Nacional Cervantes de Bos Aires

A obra está inspirada nun texto de Manuel María e será interpretada pola actriz galego-arxentina, María Inés Cuadrado.

Listen to this page using ReadSpeaker
28 de xuño de 2011.

A opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes "La Berenguela" será representada durante o próximo xullo no Teatro Nacional Cervantes de Bos Aires. Esta obra galega sobre un texto de Manuel María e con música de Nani García será interpretada por María Inés Cuadrado, actriz galego-arxentina residente na Coruña dende 2001.

A peza preséntase como un espectáculo didáctico- musical para todo público. A actriz interpreta nove personaxes na obra, e estará acompañada pola banda sonora gravada polo cuarteto Xerión da Coruña.

As funcións serán o venres 1 de xullo ás 15.00 horas, o sábado 2 e domingo 3 ás 16.30 horas, xoves 7 ás 16.00 horas e venres 8 ás 15.00 horas.

1167 lecturas