Miranda presentará mañá ás 20 horas a través de Facebook Live o novo programa de lingua e cultura galegas da Aula GaliciaAberta

O secretario xeral da Emigración participará nunha videoconferencia co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e a docente que desenvolverá os obradoiros, Concha Diéguez, onde explicará a nova proposta que comezará a emitirse o próximo xoves día 18.

 O novo obradoiro da Aula GaliciaAberta comezará a súa emisión o vindeiro xoves, 18 de febreiro
O novo obradoiro da Aula GaliciaAberta comezará a súa emisión o vindeiro xoves, 18 de febreiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentará mañá, a través dunha videoconferencia en directo, a nova sección cultural do programa Aula GaliciaAberta. 

A presentación, na que participarán tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e a docente que desenvolverá os obradoiros, Concha Diéguez, desenvolverase por Facebook Live mañá ás 20 horas (en España).  

A nova iniciativa comezará a emitirse o próximo xoves 18 e terá como eixe central a aportación dun contido formativo e cultural sobre a lingua galega.  

En imaxes
562 lecturas