O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho de Santiago a diversos representantes da colectividade
- Na imaxe, Miranda con Ricardo Santos, membro do Centro Gallego de Maracaibo
- Na imaxe, Miranda con José Luis González presidente do Centro Gallego de Murcia
- Miranda e, á súa esquerda, Susana Rodríguez, presidenta do Centro Gallego de Bahía Blanca
- Na imaxe, Miranda e Juan Francisco Cerezo, divulgador do Camiño de Santiago
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2014.
O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu estes días no seu despacho de Santiago de Compostela a diversos representantes da colectividade galega no exterior. O luns entrevistouse con Ricardo Santos, do Centro Gallego de Maracaibo; José Luis González López, presidente do Centro Gallego de Murcia; e Susana Rodríguez Garabán, presidenta do Centro Gallego de Bahía Blanca. Xa o martes, recibiu a Juan Francisco Cerezo, gran coñecedor e divulgador do Camiño de Santiago.
Novas relacionadas