O responsable de Emigración achegouse ata Sao Paulo, onde reside o segundo núcleo máis importante da nosa colonia

Santiago Camba destaca das entidades galegas no Brasil: "A capacidade de traballo e xestión, así como unha grande cohesión".

Listen to this page using ReadSpeaker
30 de setembro de 2009.

O Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba, reuniuse onte co cónsul xeral de España en Sao Paulo, Manuel Fairén Sanz, con quen analizou temas de interese común sobre a colonia galega en Sao Paulo, onde reside o segundo núcleo máis importante da nosa colectividade no país.

O responsable do área de Emigración do Goberno galego desprazouse ata a demarcación de Sao Paulo, onde tivo ocasión de xuntarse coa directiva da Sociedade hispano brasileira de socorros mutuos e instruçao, que contribúe á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos emigrantes galegos e os seus descendentes, “optimizando os recursos existentes e dando resposta a cada vez un maior número de necesidades”, apuntou Camba.

Da que foi a súa primeira viaxe institucional ao Brasil, o secretario xeral da Emigración destacou a “capacidade de traballo e de xestión das directivas das diferentes entidades galegas no Brasil de carácter lúdico- cultural e sociosanitario, así como, a “grande cohesión” do tecido asociativo, “na búsqueda de emprender actividades e iniciativas de xeito conxunto”.

O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu a medalla de ouro da Sociedade Espanhola de Beneficencia de Río, con motivo do 150 aniversario da entidade

1630 lecturas