O Programa de Estudos Galegos da UERJ estrea novo logo

Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 13 de outubro de 2014.

O Programa de Estudos Galegos (PROEG) da Universidade do Estado do Río de Xaneiro abriu o pasado mes de xullo un concurso para a creación do novo logo do programa. Tras a recepción de varias propostas, o Grupo de Investigación Galega da UERJ decidiu que o gañador é o logo enviado por Gian Henrique Machioski, formado en deseño gráfico pola Pontifícia Universidade Católica do Paraná (PUCPR) e residente na cidade de Colombo, rexión metropolitana de Curitiba.

En palabras do propio deseñador, "foi creado un símbolo que abrangue os estudos, simbolizado a través do libro e as persoas que xuntas forman a cuncha (vieira), con gran simboloxía en Galicia, moi utilizada polos peregrinos que fan o camiño de Santiago. Ademais diso, a cuncha tamén significa busca por coñecemento".

Moitos parabéns ao gañador e moitas grazas pola participación!

 

Fonte e foto: Quilombo Noroeste

677 lecturas