O participante galego no Dakar 2010 visita a delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires

José Rivas López visitou este luns a sede da Delegación da Xunta de Galicia na capital arxentina.

Foi recibido polo Delegado, Alejandro López Dobarro, a quen obsequiou co libro “Un galego no Dakar”, que escribiu sobre a súa experiencia no Dakar de 200.

Anunciou a súa vontade de participar nas seguinte sedicións da proba.

Listen to this page using ReadSpeaker

O Delegado da Xunta de Galicia recibiu este luns ao piloto lucense José López Rivas, único participante galego no Dakar 2010 Arxentina-Chile, que rematou o pasado venres en Buenos Aires.

López Rivas visitou as instalacións da Delegación do Goberno galego en Buenos Aires e mantivo un encontro co Delegado, Alejandro López Dobarro, a quen expuxo a súas vivencias na carreira. Segundo asegurou Rivas, esta segunda participación no Dakar de Sudamérica é “moi enriquecedora” e “dálle moita experiencia e pistas para volver noutras edicións máis preparado para afrontala”. Neste sentido, asegurou que ten “vontade firme” de volver a participar nas seguintes edicións da carreira e presentar o seu equipo á colectividade galega de Buenos Aires.

O piloto galego obsequiou a López Dobarro co libro “Un galego no Dakar, desde un hotel de mil estrelas”, que el mesmo escribiu para narrar a súa participación no Rally Arxentina-Chile de 2009. O volume, editado pola Deputación de Pontevedra, conta con 111 páxinas co relato en edición bilingüe –galego-castelán- da experiencia de López Rivas na proba do ano pasado.

José López Rivas naceu en Lugo en 1960. É licenciado en Veterinaria e traballa na súa terra natal desde fai catro anos. Movido pola súa paixón polo motor, crea en 1990 o primeiro circuíto permanente de karting de Galicia, en Sanxenxo. Desde os 26 anos ten participado en diversas carreiras como o Dakar africano de 2007, o Dakar Series de Hugría-Rumania, o Pax Rally de Portugal en 2008, e nas últimas edicións do Dakar Arxentina-Chile.

1499 lecturas