O mercado de San Antón de Madrid conveterase mañá e o sábado no escaparate da calidade dos produtos galegos

Galicia Calidade ofrece este venres e sábado un completo programa de showcookings e degustacións nun dos recintos comerciais máis populares da cidade.

O premio nacional de gastronomía Kike Piñeiro, o sumiller Óscar Quintana ou o barista Óscar de Toro son algúns dos profesionais que participan na iniciativa, na que estarán representadas máis de 20 empresas de distintos sectores.

  • Alfonso Cabaleiro e José Ramón Ónega na presentación das actividades de Galicia Calidade en Madrid
    Alfonso Cabaleiro e José Ramón Ónega na presentación das actividades de Galicia Calidade en Madrid
  • Alfonso Cabaleiro e José Ramón Ónega na presentación das actividades de Galicia Calidade en Madrid
    Alfonso Cabaleiro e José Ramón Ónega na presentación das actividades de Galicia Calidade en Madrid
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 27 de marzo de 2014.

O director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, presentaron hoxe o programa de actividades que se desenvolverán mañá venres e o sabado no mercado madrileño de San Antón, un dos recintos comerciais máis populares da cidade, onde se amosará a excelencia dos produtos gastronómicos galegos mediante showcookings, degustacións ou demostracións en directo.

Na rolda de prensa, na que tamén estiveron presentes o premio nacional de gastronomía Kike Piñeiro e o barista Óscar de Toro, Alfonso Cabaleiro sinalou que accións coma esta son “fundamentais” na procura dos obxectivos de Galicia Galicidade, marca de garantía para certificar os produtos galegos de calidade e para promocionalos fóra da comunidade galega. Ademais sinalou que na actualidade Galicia Calidade está dando pasos para consolidarse como unha marca multisectorial que camiñe cara a promoción de todos os sectores galegos. José Ramón Ónega incidiu en que Galicia Calidade é o certificado de calidade diferenciada de Galicia, con máis de 300 produtos de máis de 50 empresas certificadas.

Más de 20 empresas de distintos sectores estarán representadas nas degustacións e talleres que se realizarán no Mercado de San Antón realizados por destacadas figuras da gastronomía e sumillería galega como son, ademais do gañador do Certame nacional de gastronomía Kike Piñeiro, coordinador do apartado gastronómico e Óscar de Toro, mellor barista galego 2010 e 2011, Óscar Quintana, nariz de ouro 2014 da zona norte, Iván Méndez, Eloy Cancela, Mark Wernink, Conchi Peiteado e Miguel Ibáñez.

Na planta baixa recibirase aos cidadáns con cafés de pota realizados con auga mineral, froita fresca ou mesmo tarta de Santiago, todos os produtos certificados por Galicia Calidade. Ademais tamén se ofrecerán outros produtos como xamón, queixo, merluza do pincho, pan, tenreira galega, castañas, todo aderezados cos mellores viños, cervexa e licores.

Entre as empresas particantes a acción contará coa presenza de Estrella Galicia, Cabreiroá, Coren, Torre de Núñez, Ingapán, Hornos San Fiz, Luís Escurís Batalla, Merluza do Pincho, Aguas de Mondariz, Feiraco, Gargalo, Grupo HGA Bodegas, Valtea, Bodegas Nairoa, Bodegas Ruchel, Castro Baroña, Adega dos Eidos, Customdrinks, Pazo Vilane, Caracoles do Gallo, Patatas Conde, Queixería Cas Leiras, Gallego Pereira e Kiwi Atlántico. Ademais tamén contará coa presenza das Indicacións Xeográficas Protexidas como Ternera Gallega ou Castaña de Galicia.

Promoción no punto de venda
Con esta acción Galicia Calidade busca promocionar os produtos fóra da nosa comunidade e directamente no punto de venda, onde os consumidores podan apreciar a calidade dos produtos galegos. Na actualidade, cada día é máis importante para as empresas estar presentes onde os consumidores elixen os produtos, e onde se pode incidir nesta toma de decisións.

Entre as actividades a desenvolver cada día haberá showcookings cos produtos das empresas participantes entre as 12.30 e as 15.30 horas. Pola noite, acompañados dos produtos da empresa Hijos de Rivera, programarase unha “tapas en lata”, poñendo en valor a industria conserveira galega, todo aderezado con música en directo. O recinto acollerá tamén unha exposición de Artesanía de Galicia. A inauguración oficial será mañá venres ás 12.00 horas.

1081 lecturas