O Lar Gallego de Sevilla ofreceu un concerto acústico de Amancio Prada para manter a confraternización das e dos galegos e sevillanos

Amancio Prada, durante o concerto
Amancio Prada, durante o concerto
Vídeo do Festival "Fai un Sol 2020"
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020.

O Lar Gallego de Sevilla celebrou un Festival Fai un Sol moi especial nesta ocasión, adaptándoo á actual pandemia da COVID-19, o que motivou o desenvolvemento dun concerto acústico de Amancio Prada no Teatro Salvador Távora de Sevilla.

O obxectivo da iniciativa desta entidade, nada no 1956, é continuar a manter a confraternización entre as e os galegos e sevillanos e fomentar a cultura galega. O presidente do colectivo, José A. Otero, agradeceu á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, a súa colaboración para a posta en marcha deste acto.

538 lecturas