A delegada da Xunta no Uruguai recorda na ofrenda floral ante o monumento de Rosalía de Castro que Galicia leva anos traballando pola promoción da igualdade

Imaxe do acto celebrado en Montevideo
Imaxe do acto celebrado en Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 15 de marzo de 2024.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domíngez, participou na ofrenda floral ante o monumento de Rosalía de Castro, figura icónica da literatura galega e símbolo da loita feminina no marco do Día Internacional da Muller. A Xunta de Galicia leva anos traballando pola promoción da igualdade. Nos últimos tempos puxo en marcha medidas pioneiras para protexer os dereitos das mulleres, das nenas e dos colectivos LGBTI.

A delegada recordou que Galicia é unha comunidade comprometida coa construción dunha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria, onde toda a cidadanía teña cabida e dereito a desenvolver unha vida plena, independentemente da súa orixe, xénero e orientación sexual.

O acto serviu como un recordatorio da forza e a resiliencia das mulleres galegas ao longo da historia, tanto en Galicia como na diáspora, e reafirmouse o compromiso da comunidade galega no Uruguai coa igualdade de xénero e o recoñecemento do papel fundamental das mulleres na sociedade.

242 lecturas