O Centro Gallego de Santa Fe festexará o seu 95º aniversario
Cunha serie de actos conmemorativos, o Centro Galego de Santa Fe conmemorará o 95º aniversario da súa fundación, concluíndo o 5 de outubro cun xantar popular nas súas instalacións de Avenida Galicia 1357.
A entidade naceu nesa data de 1919 en Chacabuco 299, por unha idea e un conxunto de galegas e galegos cheos de morriña con Gerardo Pérez á cabeza, que mantiñan o recordo permanente da súa terra. Tamén se conmemorará, na oportunidade, o octoxésimo quinto aniversario da adquisición do predio.
Entre os distintos actos sociais, culturais e institucionais, destácase o 3 de outubro, con entrada libre e gratuíta, nos salóns da entidade, a exhibición da Lingua das bolboretas, filme español de 1999.
Finalmente, o domingo 5 realizarase o xantar popular, ás 12,30 h., no complexo da institución, coa presenza de persoas asociadas, veciños e veciñas, adherentes e invitadas e convidados especiais. Para animar a tradicional reunión, participarán diversos grupos con ritmo español e de danzas galegas; ademais dun espectáculo de música cidadá (tango) e bailable.
Cabe consignar que as persoas asociadas e público en xeral interesado poden reservar as tarxetas aos teléfonos 4560169, 4605240 e 4551345 e aos móbiles 154-551345, 154-059582 e 155-223963, respectivamente.
Fonte: www.ellitoral.com
Novas relacionadas




