O Centro Galego de Tenerife celebrou o Día das Letras Galegas

Imaxe do acto do Día das Letras Galegas en Santa Cruz de Tenerife
Imaxe do acto do Día das Letras Galegas en Santa Cruz de Tenerife
Listen to this page using ReadSpeaker
Santa Cruz de Tenerife, 26 de maio de 2021.

Na súa sede na capital tinerfeña, o Centro Galego de Tenerife celebrou o Día das Letras Galegas 2021 lembrando, ademais de a Xela Arias, a quen a Real Academia Galega acordou dedicar a presente edición da gran festa da nosa cultura, a Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado pola Academia o pasado ano, xa que en 2020 a entidade non puido realizar este evento polas normas sanitarias vixentes a causa da pandemia da covid-19.

As e os asistentes ao acto, no que se respectaron os debidos protocolos sanitarios, puideron coñecer a biografía de ambos, de quen se leron textos e poemas, e tamén se proxectou unha gravación audiovisual con todas as autoras e autores homenaxeados de 1963 a 2021. Así mesmo, aproveitouse para celebrar a reapertura das actividades 2021 do Centro Galego. Para rematar, houbo un aperitivo de produtos galegos, cunha queimada co seu conxuro, e a interpretación do himno galego.

Fonte e foto: Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife

362 lecturas