O Centro Galego de Santa Fe celebrou o Día das Letras Galegas homenaxeando a Manuel María e ao galego-arxentino Francisco Luís Bernárdez

  • No acto de celebración da gran festa da cultura galega léronse poemas de Manuel María e Francisco Luís Bernárdez e proxectouse un documental sobre a figura do escritor da Terra Chá
    No acto de celebración da gran festa da cultura galega léronse poemas de Manuel María e Francisco Luís Bernárdez e proxectouse un documental sobre a figura do escritor da Terra Chá
  • O grupo de baile Anduriñas tamén participou no acto
    O grupo de baile Anduriñas tamén participou no acto

  • Teresa Roldán Suárez e Ester Yapur leron poemas dos homenaxeados
    Teresa Roldán Suárez e Ester Yapur leron poemas dos homenaxeados

  • Tamén se procedeu á entrega de libros, recollidos polo presidente da entidade
    Tamén se procedeu á entrega de libros, recollidos polo presidente da entidade

Listen to this page using ReadSpeaker
Santa Fe (Arxentina), 24 de maio de 2016.

Este pasado 21 de maio, nun acto organizado polo organizado polo grupo de cultura Rosalía, o Centro Galego de Santa Fe conmemorou o Dia das Letras Galegas 2016 na súa sede social da Avda. Galicia 1357.

O acto comezou cunha introdución ao fundamento da efeméride realizado pola condutora do acto, Estela Wilde. Seguidamente, Teresa Suárez realizou unha síntese sobre a vida e obra do escritor Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, Lugo, 1929 - A Coruña, 2004), escritor seleccionado na presente edición de 2016 pola Real Academia Galega. Unha nutrida concorrencia seguiu deseguido atentamente o documental sobre o poeta da Terra Chá A palabra estremecida e alertada, material proporcionado pola Fundación Manuel María; e a lectura de diversos poemas a cargo de Teresa Roldán Suárez e Esther Yapur. Cabe destacar que se entregou ao público un trifolio co poema Galicia, na súa versión galega e traducida na clase de galego da entidade galega na capital santafesina.

Así mesmo, como é habitual na institución, tamén se homenaxeou a un escritor arxentino, nesta ocasión o tambien poeta Francisco Luís Bernárdez (Bos Aires, 1900 - 1978), arxentino-galego xa que a súa familia -emigrantes de Galicia- atopou na Arxentina a súa terra de acollida. Julio Gómez, esposo dunha galega, socio e amigo do Centro, tivo ao seu cargo esta sección do acto, ilustrando a figura do poeta porteño (quen tamén viviu en Vigo de 1920 a 1924) con versos seleccionados e con fragmentos do seu “Discurso encol do idioma galego”. As lectoras mencionadas previamente, Teresa Roldán Suárez e Esther Yapur, achegaron tamén textos de Bernárdez.

A sala do acto foi fermosamente decorada con banners dos autores Manuel María e Francisco L. Bernárdez e afiches enviados ao efecto polas autoridades da Delegación da Xunta de Galicia. A celebración contou, ademais, cunha parte artística a cargo do grupo de baile Anduriñas, dirixido pola profesora María Laura Grandjean.

Finalmente, fíxose unha entrega de libros ao presidente do Centro, Manuel López Fernández: a recente publicación de Manoel Carrete, sobre o centenario do Centro Galego de Barcelona, e Reinos sin olvido, de Julio Gómez, feita polo seu autor.

Ao rematar o acto, convidouse ao público presente a unha degustación de pratos típicos galegos, e a brindar cunha queimada.

Fonte e fotos: Centro Gallego de Santa Fe

1402 lecturas