O Centro Galego de Barcelona estrea xunta directiva

Manoel Carrete Rivera é o novo presidente.

Listen to this page using ReadSpeaker

Manoel Carrete Rivera é o novo presidente. O Centro Galego de Barcelona conta con nova xunta directiva dende esta fin de semana, presidida polo historiador Manoel Carrete Rivera.

De pai lucense e nai berciana, Manoel Carrete pertence á segunda xeración de galegas e galegos residentes en Cataluña e sempre participou activamente nas actividades da colectividade galega en Cataluña. De feito, baseou a súa tese doutoral na diáspora galega en Cataluña a principios do século XX.

É, ademais, vicepresidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña.

 

Fonte: La Voz de Galicia | Foto: La Voz de Galicia

En imaxes
614 lecturas