A música une aos galegos de Puerto Rico e Nueva York

Os integrantes da coral Vento Mareiro de Nueva York participan na inauguración do Centro Galego de Puerto Rico.

Listen to this page using ReadSpeaker
29 de xaneiro de 2010.

Galegos e emigrantes de outros puntos de España en Puerto Rico participaron o pasado fin de semana en diversos actos que estiveron amenizados pola música del coro Vento Mareiro, integrado por unha treintena de persoas da Casa de Galicia en Nueva York.

O sabado 23 de xaneiro actuaron no restaurante Siglo XX do vello San Juan, cuio propietario é galego, nunha cea para máis de 150 emigrantes, entre eles o cónsul de España en Puerto Rico, Carlos Vinuesa, a presidenta do Centro Asturiano, o do Centro Gallego, José Gomez, e outras autoridades puertoriqueñas. A actuación abriuse co tema «Fisterra, ao que seguiron os discursos das autoridades e presidentes de centros. Un dos momentos máis emotivos da xornada foi cando as mulleres do coro interpretaron varias cancións, vestidas de galegas.

Os integrantes do coro neoyorquino participaron o domingo na inauguración do Centro Galego de Puerto Rico, onde cantaron todo o repertorio galego. O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, acudiu ao acto, onde ademáis se recitou unha poesía de Ramón Cabanillas, que emocionou aos asistentes.

2037 lecturas