Modificación nas datas de celebración do Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior a celebrar en Nürnberg

Comunicación do Centro Galego de Nürnberg informando do cambio de datas na celebración do Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior.

Listen to this page using ReadSpeaker
14 de setembro de 2010.

Estimad@s amig@s:

Debido a razóns de carácter loxístico,  vémonos na necesidade de aprazar o Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, organizado na nosa cidade polo Centro Galego de Nürnberg e previsto para o 24, 25 e 26 de setembro. As novas datas dispostas son a fin de semana do 5, 6 e 7 de novembro.

Deste xeito, reiteramos a invitación a xuventude de orixe galega residente no exterior, en países europeos, a participar neste evento para o que aínda existen contadas prazas.

A data límite para a presentación de novas solicitudes fíxase no venres, 21 de outubro de 2010.

A través do seguinte enlace (picar aquí) podedes acceder a toda a información do devandito Congreso.

Unha aperta.

Miguel Angel Álvarez Portela
Presidente do Centro Galego de Nürnberg

2095 lecturas