Miranda visita o Centro Español de Santos para reforzar a colaboración e impulsar proxectos culturais
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Centro Español de Santos, onde foi recibido polo presidente do Consejo de la Comunidad Española de la Bajada Santista. Este consello agrupa ao Centro Español de Santos, a Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficencia Rosalía de Castro e o Jabaquara Atlético Clube.
Durante a visita, abordaron diversos temas de interese para a colectividade galega en Santos. As e os representantes das entidades destacaron a importancia do apoio económico, humano e social brindado pola Secretaría Xeral da Emigración. Agradeceron especialmente a colaboración continuada que facilita o desenvolvemento das actividades culturais e sociais da comunidade galega. Rodríguez Miranda subliñou a súa satisfacción polo traballo exemplar que realizan as entidades da "Bajada Santista", destacando que son un reflexo do significado e da esencia da colectividade galega no exterior.
Posteriormente mantiveron unha reunión na que tamén participaron o cónsul honorario de España en Santos, Manuel Santalla dos Santos, e o cónsul adxunto de España en São Paulo, Gonzalo Moro, co obxectivo de “fortalecer a coordinación entre as administracións galega e española”.
Novas relacionadas







