Miranda visita Canadá, e Cuba, país no que Galicia quere dar novo pulo á proxección internacional da súa economía

O director de internacionalización do IGAPE acompaña ao secretario xeral da Emigración na Habana.

En Canadá, Rodríguez Miranda visita por vez primeira as comunidades galegas de Toronto e Montreal.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia hoxe unha viaxe institucional polas repúblicas de Cuba e Canadá, onde visitará as comunidades galegas presentes en ambos países, manterá diversos contactos institucionais, e desenvolverá accións na procura de novos folgos para a internacionalización da economía galega. Acompaña a Miranda na parte cubana desta nova viaxe o director de Internacionalización do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), Abel Veiga Copo.

Ambos altos cargos autonómicos manterán diversos contactos institucionais con representantes da Administración cubana, con quen analizarán as posibilidades de ampliar as actuais e frutíferas relacións entre Galicia e a república centroamericana. Tamén se verán con empresariado galego e español presentes na illa.

Na mañá do venres, Miranda e Veiga, mailo embaixador de España en Cuba, Juan Francisco Montalbán, visitan diversas colectividades galegas con presenza na Habana, e asisten á toma de posesión formal do presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, Sergio Toledo. Xa pola tarde, terá lugar a inauguración do Curso de xestión de proxectos para entidades civís, organizado polas entidades galegas na illa en colaboración con Emigración e o IGAPE.

En Canadá
Rodríguez Miranda viaxa despois, durante a fin de semana, a Canadá. Coñecerá ás socias e aos socios, e instalacións, do Club Hispano de Toronto –cidade na que participará na gran celebración anual da colectividade galega-, e mais do Centro Galego de Montreal.

1010 lecturas