Miranda: “Traballar en colaboración cos consulados permítenos responder mellor ás necesidades dos galegos no exterior”

Listen to this page using ReadSpeaker
Miami (EEUU), 15 de febreiro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo coa cónsul xeral de España en Miami, Belén Alfaro Hernández, co obxectivo de reforzar a colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e a representación consular española en favor da cidadanía galega residente nesta demarcación.

Durante o encontro analizouse a situación da colectividade galega no sur dos Estados Unidos e abordáronse posibles vías de cooperación para mellorar a coordinación e a atención ás persoas galegas no exterior. Miranda destacou a importancia de manter unha relación fluída cos consulados para garantir unha atención eficaz á diáspora e avanzar en iniciativas conxuntas que dean resposta ás necesidades actuais da comunidade galega asentada en Miami e a súa área de influencia.

249 lecturas