Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do Ciclo de Cine Mestre Mateo

Oito entidades galegas de América, Europa e resto de España serán os lugares onde se poderán visualizar dende xuño a novembro os filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo.

Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do Ciclo de Cine Mestre Mateo
Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do Ciclo de Cine Mestre Mateo
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo (Pontevedra), 6 de maio de 2025.

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou, xunto a directora de cine e membro da Academia Galega do Audiovisual, Anxos Fazáns, o programa do ciclo de cine Mestre Mateo que poderán desfrutar a través da colaboración con oito entidades galegas de América, Europa e resto de España.

Esta iniciativa xurde do acordo entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual que permitirá achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos premios Mestre Mateo aos galegos do exterior a través destas entidades.

O secretario xeral da Emigración agradeceu o interese da Academia por “colaborar con nós para achegar o audiovisual que se realiza en Galicia ás nosas colectividades do exterior e tamén os veciños das localidades seleccionadas, que poden así gozar da cultura feita na nosa terra para os nosos galegos”.

Antonio Rodríguez Miranda tamén destacou o esforzo dos centros galegos do exterior que colaborarán na posta en marcha desta iniciativa: Casa de Galicia de Córdoba (Arxentina), o Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega (Montevideo), O noso Lar República Dominicana, o Centro Galego de Castelló O Aturuxo, o Centro Galego en Burgos, o Centro Galego de Barcelona, o Centro Gallego e a asociación EmigraSON de Bruxelas.

Como parte integral do proxecto, a Academia Galega do Audiovisual proporcionará ferramentas específicas sobre produción e comunicación das proxeccións ás persoas encargadas da xestión desta iniciativa en cada centro galego do exterior e tamén se implicará a un grupo de persoas que se encargarán de coordinar a realización de cada proxección, e atender ás demandas das espectadoras e espectadores do ciclo.

449 lecturas