Miranda salienta o labor das e dos emigrantes galegos como motor do comercio e a industria chilenos no cincuenta aniversario do Lar Gallego de Santiago

O secretario xeral da Emigración lembrou que Galicia xa conta cunha estudante procedente de Chile cursando un mestrado nunha das súas universidades grazas ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior.

  • O secretario xeral da Emigración asistiu á celebración do 50º aniversario do Lar Gallego de Chile
    O secretario xeral da Emigración asistiu á celebración do 50º aniversario do Lar Gallego de Chile

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou onte o importante labor que as e os emigrantes galegos están a levar a cabo dende hai décadas en Chile como motores do comercio e a industria. No país andino residen hoxe máis de catro mil galegos e galegas, e o cargo autonómico quixo agradecerlles a parte deles persoalmente a súa valentía e esforzo durante a celebración do cincuenta aniversario da Corporación Lar Gallego de Santiago, á que tamén asistiron representantes da Embaixada de España e na que ofreceu unha actuación o músico ourensán Emilio Rúa. “Grazas a vós, non só Galicia segue a medrar, senón que tamén o fai o país que vos acolleu. Porque o tesón e a inesgotable capacidade de traballo dos galegos deixan día tras día a súa pegada tamén en Chile”, asegurou.

Rodríguez Miranda gabou o traballo que dende hai medio século leva a cabo esta agrupación en prol da conservación e difusión da cultura e tradicións galegas, o que co paso dos anos converteu este centro galego nun dos máis activos e influíntes do país. O secretario xeral da Emigración, ademais de  participar nos actos programados polo Lar Gallego de Chile polo seu medio século de vida, aproveitou para manter un encontro coas e cos directivos e membros da agrupación, así como para interesarse pola marcha dos seus grupos de canto e percusión, danzas, e a súa banda e coro, e asistir a algúns dos seus ensaios.

Invitación á mocidade
O responsable do departamento autonómico prestou especial atención ao futuro desta e o de todas as colectividades galegas: a mocidade. Precisamente a ela dirixiuse ao invitalos e invitalas a participar nas Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que están a piques de comezar a tramitación da súa segunda edición. A través deste programa, a Secretaría Xeral da Emigración subvenciona os gastos de matrícula, viaxe e manutención a cen universitarias e universitarios galegos residentes no estranxeiro para que cursen un mestrado nalgunha das tres universidades galegas co obxectivo de fixar poboación nova en Galicia que emprenda, e por tanto xere emprego, en sectores en expansión.

Rodríguez Miranda lembrou que, de feito, as universidades galegas xa contan cunha estudante procedente de Chile cursando un dos seus mestrados. A moza elixiu un da Universidade da Coruña de dous anos de duración e noventa créditos especializado en Asesoramento Xurídico Empresarial. “E, como ela, Galicia está desexando acoller outros mozos cun expediente académico excelente que queiran forxarse un futuro na terra dos seus pais ou avós”, sinalou o responsable autonómico.

Fomento do retorno
Porque este, lembrou o secretario xeral da Emigración, é o momento de regresar a Galicia. “Se o século XX foi o da emigración, este é o do retorno”, adiantou Rodríguez Miranda, quen enumerou algúns dos programas deseñados pola Xunta de Galicia co obxectivo de atraer ás e aos residentes no exterior de novo á súa terra de orixe, como as axudas ao retorno emprendedor e Conecta con Galicia, entroutros.

1202 lecturas