Miranda reúnese coas comunidades galegas en Venezuela para redobrar esforzos na detección e atención de tódolos casos de maior precariedade

O secretario xeral e as entidades galegas no país amplían e reforzan a estrutura de atención social aos galegos e galegas de Venezuela, que xestiona máis de millón e medio de euros. 

O alto cargo reuniuse co embaixador e o conselleiro laboral para reforzar a colaboración entre as administracións central e autonómica.

Residen arestora en Venezuela un total de 43.975 galegas e galegos. 

  • De esquerda a dereita: Fernando Brea (secretario xeral da Consellería Laboral  da Embaixada en Venezuela), Antonio Rguez. Miranda e Santiago Camba
    De esquerda a dereita: Fernando Brea (secretario xeral da Consellería Laboral da Embaixada en Venezuela), Antonio Rguez. Miranda e Santiago Camba
  • Imaxe da xuntanza na Embaixada, de esquerda a dereita: Alejandro e González (da Hermandad Gallega de Caracas), Miranda, Silva e Camba
    Imaxe da xuntanza na Embaixada, de esquerda a dereita: Alejandro e González (da Hermandad Gallega de Caracas), Miranda, Silva e Camba
  • Imaxe previa da xuntanza de Miranda cos presidentes das comunidades galegas en Venezuela
    Imaxe previa da xuntanza de Miranda cos presidentes das comunidades galegas en Venezuela
  • Imaxe da xuntanza de Miranda cos presidentes das comunidades galegas en Venezuela
    Imaxe da xuntanza de Miranda cos presidentes das comunidades galegas en Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou a súa nova viaxe a Venezuela para pulsar a actualidade da diáspora galega cunha reunión co conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Venezuela, Santiago Camba, que é ademais o seu predecesor no cargo de responsable autonómico de Emigración.

Miranda e Camba avaliaron os instrumentos de intervención social que atenden aos galegos e galegas residentes no país, un número crecente deles en distintas situacións de precariedade, por mor da tensa situación social e política que atravesa o país. Despois, e sempre acompañado por Camba, Miranda entrevistouse tamén co embaixador de España en Venezuela, Jesús Silva, para reforzar a colaboración entre as administracións central e autonómica neste eido.

Miranda reuniuse posteriormente cos presidentes das comunidades galegas con sede en distintas localidades de Venezuela. Tomaron parte da xuntanza, ademais de Miranda e Camba, o presidente e mailo secretario da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, Roberto González e José Antonio Alejandro, respectivamente; a secretaria de Emigración e Acción Social da entidade homónima en Valencia, Hortensia Iglesias; o presidente e vicepresidente do Centro Galego de Puerto La Cruz, José Luis Quivem e Antonio Corral, respectivamente; e o presidente do homónimo de Maracaibo, José Manuel Lorenzo.

Na xuntanza puxeron en marcha os mecanismos para intensificar, e optimizar as vías, de colaboración da Administración autonómica a través das entidades representantes das e dos paisanos residentes naquela república americana, coa finalidade de facer máis eficaz e áxil a axuda a aquelas e aqueles que máis o necesitan.

Máis de 1’5 millóns
Deste xeito, materialízase a achega extraordinaria aprobada polo Parlamento de Galicia para ampliar a atención social ás cidadás e cidadáns galegos  residentes en Venezuela en 600.000 euros, ata acadar un investimento superior ao millón e medio. O secretario xeral agradeceu ás entidades que estean a redobrar esforzos “para conseguir que ningún paisano ou paisana quede sen a atención urxente que necesite”.

O secretario xeral destacou o importante labor que realizan estas comunidades no país “para detectar os casos de cidadáns galegos en dificultades: sempre digo que son as nosas mans e os nosos ollos sobre o terreo”. Miranda explicoulles ademais as medidas adoptadas polo Goberno galego para facer fronte ao importante incremento de retornados e retornadas desde Venezuela.

Galegas e galegos en Venezuela
Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) a 1 de xaneiro de 2017, arestora residen en Venezuela un total de 43.975 galegas e galegos, é dicir, é o segundo país con maior número de persoas galegas fóra de España, unicamente superado por Arxentina, aínda que cabe sinalar que, delas, dúas de cada tres son xa nadas na diáspora.

1496 lecturas