Miranda recibe a insignia de honra da Asociación Banda de Música e Investigación Albedro de Madrid

  • Imaxe do acto celebrado esta tarde en Madrid
    Imaxe do acto celebrado esta tarde en Madrid
  • Imaxe do acto celebrado esta tarde en Madrid
    Imaxe do acto celebrado esta tarde en Madrid
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 27 de maio de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a insignia de honra da Asociación Banda de Música e Investigación Albedro de Madrid pola súa traxectoria á fronte da institución autonómica.

Posteriormente, o secretario xeral puido desfrutar da actuación da banda coa que conta esta agrupación, Lume de Biqueira, no distrito da Latina da capital de España. Cabe destacar que Lume de Biqueira naceu co obxectivo de ensinar e difundir a música tradicional galega. A súa música une tradición e modernidade, fusionando os sons máis tradicionais con sambas, rumbas ou música clásica. Ademais de gaitas, tamén incorporan instrumentos menos convencionais como guitarras, baixo, teclado, frautas e percusión étnicas.

286 lecturas